A Confederación Mar-Industria celebra a sentenza do Supremo sobre ENCE
A Confederación Mar-Industria celebra a sentenza do Supremo sobre ENCE
Ven nela un reforzo para prorrogar as concesións das empresas asentadas no litoral galego
As empresas galegas que poderían verse afectadas pola última modificación do Regulamento Xeral da Lei de Costas celebran a sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE como unha victoria e un reforzo das súas teses para prorrogar as concesións sobre as súas actividades sempre que haxa informes medioambientais favorables.
Aínda así, e tal e como explicou nunha entrevista no Galicia por diante o Vicepresidente da Confederación Mar-Industria Alimentaria Roberto Fariña, non desbotan que haxa que recorrer á vía xudicial para acadar eses resultados. Pensan que no Ministerio de Transición Ecolóxica non van poñer fácil a permanencia de varias desas industrias conserveiras, de acuicultura ou depuradoras de marisco no litoral coas súas actuais licenzas.
Respecto da importante baixada do consumo de peixe anunciada por varias asociacións, Fariña confirmou que segundo os datos que eles manexan é unha caída importante que non é froito só de modificación de hábitos de consumo e reclamou unha rebaixa do IVE para este tipo de produtos.