A derrota en Córdoba deixa o Rácing en coidados intensivos (3-1)
A derrota en Córdoba deixa o Rácing en coidados intensivos (3-1)
O equipo de Cristóbal segue sen gañar despois de sete xornadas
Jáuregui empatou o gol inicial, pero o Córdoba foi superior no treito final
O Rácing comeza a estar nunha situación límite. Sete xornadas e ningún triunfo é unha bagaxe moi cativeira e que deixa a Cristóbal no punto de mira. As dúas últimas derrotas contra o Albacete e o Córdoba son das que fan dano.
No Arcángel viuse un equipo perdido no primeiro tempo. Os locais tiveron dous lanzamentos ao pau e marcaron no minuto 43 por medio de Isma Ruiz o primeiro gol do partido.
O adestrador fixo trocos no descanso e un deles marcou o gol do empate. Jáuregui acertou para darlle esperanza ao Rácing. Os vinte minutos iniciais do segundo tempo son o camiño que debe seguir o cadro departamental para remontar o voo.
Esa reacción acabou nun espellismo porque o Córdoba volveu a coller o temón do partido e acabou marcando outros dous goles. Casas no minuto 71 e Lapeña no 84 sentenciaron o triunfo cordobés e deixan ao Rácing metido de cheo nos postos de descenso.