Cargando resultados...
A emoción do ascenso do Rácing de Ferrol no 'Galicia en goles'
A emoción do ascenso do Rácing de Ferrol no 'Galicia en goles'
Así soaron os goles dun ascenso que fixo estourar ao racinguismo
G24.gal
27/05/2023 22:16
Última actualización 27/05/2023 22:24
Eran as 21:06. O Alcorcón gañaba en Santo Domingo e o ascenso escapaba das mans do Rácing de Ferrol. Ata que apareceu Jaume Jardí para anotar dous goles e acender a festa rachada na cidade departamental. A Radio Galega cantou os goles, o final e as primeiras declaracións dos futbolistas no céspede da Malata no micrófono de Raúl Villares.
Brais Martínez
"Xa chorei e seguirei facéndoo".
Héber Pena
"Esta cidade merece isto, despois de moitos anos sufrindo en categorías que non lle corresponden".
Álex López
"Volvín para isto. No 2000 vivino na grada e quería desfrutar dun ascenso co meu equipo"
A Malata xa é de Prata.