Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de gol, o primeiro problema que debe solucionar o Racing

A falta de gol, o primeiro problema que debe solucionar o Racing

O equipo leva case 300 minutos sen marcar un gol e non gañou ningún dos tres partidos que xogou como local

G24.gal 09/09/2024 22:23

A este Racing estalle a custar máis collerlle o pulso á categoría ca o ano pasado, que debutaba en Segunda. Cristóbal ten moitas pezas novas que encaixar. Aínda non chegou a primeira vitoria despois de tres partidos na Malata. Polo menos, contra o Mirandés, Jesús Ruiz mantivo a porta a cero.

A temporada pasada tras a cuarta xornada o Racing levaba oito puntos e cinco goles. De momento só pode contar os dous de Jauregi do primeiro partido contra o Málaga. A estrea de Bebé contra o Mirandés promete, pero fáltalle rodaxe. As expectativas son altas, tamén entre os seus propios compañeiros.

Álvaro Sanz foi a outra gran novidade ao estrearse como titular no medio centro. No camiño de buscar claridade no ataque para saír da zona baixa, o domingo o Racing visita un exprimeira: o Cádiz.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos