A Federación Española quere que o Rally de Ourense sexa en terra
A Federación Galega demanda máis dun rally galego no Supercampionato
A Televisión de Galicia falou cos presidentes da federación española e da galega de automobilismo. Foi na presentación da sétima edición do EcoRally da Coruña. Corenta vehículos eléctricos en dezaseis concellos da provincia. No acto tivemos a ocasión de conversar con Toño Troitiño, presidente autonómico, e con Manuel Aviñó, o presidente nacional.
Falamos do Supercampionato de terra e asfalto e as novidades que poden chegar a citas emblemáticas de Galicia como Ourense, Narón ou Rías Baixas
Aviñó: "Gustaríanos que o Rally de Ourense fose en parte ou na súa totalidade en terra".
Troitiño: "Ourense debe estar no Supercampionato, e tamén algún rally galego máis".
"Narón e Rías Baixas fixeron a preinspección e queren entrar".