Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil intervén 704 litros de augardente de bagazo en Salvaterra de Miño

A Garda Civil intervén 704 litros de augardente de bagazo en Salvaterra de Miño

Membros da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil da Garda, coa colaboración do Equipo Ebio de Tui, realizaron unha inspección administrativa nun alpendre ante a sospeita de que este puidese albergar un alambique non rexistrado ante a Axencia Tributaria

G24.gal 31/12/2024 12:49

A Garda Civil interveu 704 litros de augardente de bagazo e precintou un alambique en Salvaterra de Miño nun operativo levado a cabo o pasado día 29, segundo informa a Garda Civil.

Membros da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil da Garda, coa colaboración do Equipo Ebio de Tui, realizaron unha inspección administrativa nun alpendre ante a sospeita de que este puidese albergar un alambique non rexistrado ante a Axencia Tributaria.

O resultado da inspección administrativa fiscal foi o achado dun alambique tradicional, que carece da preceptiva autorización que acredite a súa tenencia, ademais de 704 litros de augardente carentes dos precintos fiscais necesarios.

A ausencia de ningún tipo de documentación que ampare a tenencia do alambique, podería ser tipificado como infracción á Lei Orgánica 12/1995 de Reprensión do Contrabando, polo que se procedeu á súa aprehensión quedando baixo custodia do responsable, e á disposición do departamento de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade