Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez preside o Consello de Seguridade Nacional en Moncloa

Pedro Sánchez preside o Consello de Seguridade Nacional en Moncloa

O Goberno subliña que trasladará toda a información que estea dispoñible a medida que se conte con datos rigorosos e contrastados

directo A ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen (EFE/Rodrigo Jiménez)
G24.gal 28/04/2025 13:28 Última actualización 28/04/2025 17:09

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside desde as tres da tarde deste luns unha reunión extraordinaria do Consello de Seguridade Nacional, para analizar a situación provocada polo apagamento que afectou ao país.

Esta reunión prodúcese despois da que tivo lugar no centro de control de Rede Eléctrica, á que asistiron Sánchez xunto á vicepresidenta terceira do Goberno e a ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Aagesen, para coñecer de primeira man a situación xerada na subministración eléctrica.

Posteriormente, achegáronse ás instalacións de Rede Eléctrica, a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero; o ministro de Transportes, Óscar Puente; a ministra de Sanidade, Mónica García; o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López e o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska.

Desde o Executivo aseguran estar a traballar para saber a orixe do apagamento xeral que tivo lugar este luns ao mediodía en España e Portugal e garante que poñerá todos os recursos dispoñibles para liquidar a situación "canto antes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade