Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Oficina Económica do Igape atendeu máis de 5.000 consultas dende abril

A Oficina Económica do Igape atendeu máis de 5.000 consultas dende abril

O 78 % foron resoltas no momento e concertáronse máis de 320 xuntanzas

G24.gal 03/09/2024 14:53

Dende que entrou en funcionamento, a Oficina Económica do Igape recibiu 5.446 consultas de empresas galegas.  O 78 por cento foron resoltas no momento, e concertáronse máis de 320 reunións.

A conselleira de Economía e Industria visitou as novas instalacións deste departamento da Xunta de Galicia, onde traballan cen persoas. María Jesús Lorenzana dixo que o obxectivo é facilitarlle os trámites ao tecido empresarial.

 "O que pretendemos é desburocratizar a administración, facilitarlle ao mundo empresarial galego o acceso a unha administración amigable. Xa hai outras comunidades autónomas, como Asturias, que acaba de copiar este modelo de oficina económica única para toda a administración", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade