Publicador de contidos
Publicador de contidos

A resistencia do Deportivo Abanca contra o Real Madrid durou oitenta minutos

A resistencia do Deportivo Abanca contra o Real Madrid durou oitenta minutos

Nos últimos dez minutos o equipo madrileño meteu catro goles e levou o triunfo de Riazor (1-4)

G24.gal 14/12/2024 20:54

O contundente resultado final a prol do Real Madrid non lle fai xustiza a un Deportivo Abanca que foi por díante no marcador ata o minuto 78. O equipo coruñés xogou un bó primeiro tempo, dificultando os ataques do seu rival e creando ocasións ante a gardameta visitante Misa, unha das catro exdeportivistas presentes en Riazor co conxunto visitante. Millene estivo preto de marcar antes de que o conseguise Pancha Lara no minuto 35.

Tralo paso polos vestíarios o encontro converteuse nun acoso continuo das madridistas. Logo de moitos intentos, chegaría o gol do empate no minuto 78. Olga Carmona, cun gran disparo, acabou coa resistencia dun Deportivo moi desgastado físicamente e con xogadoras chaves xa fóra do partido. Sen Ainhoa ou Millene, só quedaba defender. E o Madrid atopou porta ata en tres ocasións nos últimos minutos. Alba Redondo, no 85, facía o un a dous. A exdeportivista María Méndez, no 88, o un a tres. E Signe Bruun, xa no engadido, o definitivo un a catro para as de Toril, que consolidan a segunda praza na táboa.

O Deportivo Abanca, logo do segundo encontro con Fran Alonso no banco, continuará no penúltimo posto con só seis puntos logrados en doce partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos