Publicador de contidos

Publicador de contidos

A violinista Raquel Areal será a primeira galega en debutar na Filharmónica de Berlín

A violinista Raquel Areal será a primeira galega en debutar na Filharmónica de Berlín

Desde hai uns meses xa formaba parte da súa Academia Karajan e a partir de maio ocupará a praza fixa de violinista tutti na Orquestra Filharmónica de Berlín, liderada por Kirill Petrenko

Tocou na Orquestra Sinfónica de Galicia e aos 22 anos acadou unha praza como primeira violín tutti na Orquestra Nacional de España

G24.gal 08/03/2025 13:39 Última actualización 08/03/2025 21:59

No Día da Muller queremos celebrar a gran fazaña de Raquel Areal, unha violinista de Tui que con só 25 anos debutará en menos de dous meses na Orquestra Filharmónica de Berlín, que, segundo os entendidos en música clásica, é a mellor do mundo. Acadou a súa cadeira, a súa praza fixa titular ao primeiro intento. Un prodixio de muller.  

En Maio Raquel Areal, de 25 anos, de Tui, incorporarase á súa praza fixa como violín tutti, gañouna por concurso, na mellor filharmónica do mundo, a de Berlín. E fíxoo no primeiro intento, algo case insólito. 

"A verdade é que aínda non o creo. Foi un grao de adrenalina moi alto. Lembro estar vendo un concerto da Filharmónica de Berlín de nena e dicirlle ao meu pai: "Papá, algún día quero toar con eles e vasme ver alí ". Porque era un soño e traballei para iso. E realmente eu quero tocar alí", conta Raquel Areal, violinista da Orquestra Filharmónica de Berlín.

Raquel é a primeira galega en chegar ata alí. Precedérona outros tres españois talentoso e traballadores. Premiada internacionalmente e fixándose sempre na súa irmá Sara, a súa inspiración, violinista tamén na sinfónica de Galicia, tocou na Orquestra Nacional de España, na Sinfónica de Galicia...

"Se non fora  pola Orquestra Nova Sinfónica de Galicia eu non me dedicaría a isto. Estou cen por cento segura. Foi nun encontro tocando a Décima Sinfonía de Shostakovich cando dixen: "É isto ao que me quero dedicar" e compartir coa xente a túa música.", engade Raquel Areal, violinista da Orquestra Filharmónica de Berlín.

Comeza para esta violinista, que adora a sinfonía alpina de Strauss, o soño de vivir da música clásica nun país, Alemaña, que a coñece, fomenta e ama. Algo difícil noutros países e na era da atención breve de tic-tic e similares.

"Debémonos uns a outros e temos que adaptarnos aos tempos. A música clásica ten miles e miles de anos, e entón temos que saber adaptarnos. Un concerto de dúas horas ao mellor non é o que necesita o noso público agora mesmo e quizais explicar un pouco, facer o esforzo de ser máis didácticos tamén. Temos que facer un traballo un pouco máis intenso", reflexiona Raquel Areal, violinista da Orquestra Filharmónica de Berlín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade