A serie positiva do Rácing Vilalbés remata contra o Covadonga (1-2)
A serie positiva do Rácing Vilalbés remata contra o Covadonga (1-2)
O delegado Manuel Lamas, falecido esta mesma semana, foi homenaxeado na previa do partido
Na sexta xornada caeu o Rácing Vilalbés. Foi diante do Covadonga, equipo que chegaba á Madalena cun só punto na clasificación pero que conseguiu levar a vitoria por 1-2.
Non foi bo o primeiro tempo do cadro chairego. Apenas xerou perigo e recibiu un gol nun inocente penalti cometido por López e transformado por Omar Álvarez. Cambiou o partido na segunda parte coa entrada no partido de Santi Gegunde e Rares. Durante vinte minutos xeraron tres ou catro ocasións claras pero o que marcou foi o Covadonga no primeiro achegamento da segunda metade co tino de Samu Pérez.
Un tiro de Santi no 83' puido meter o equipo galego no partido pero o tanto chegaría demasiado tarde, unha cabezada de Quico no engadido.