Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pídelle explicacións ao Goberno polo atraso dos AVRIL

A Xunta pídelle explicacións ao Goberno polo atraso dos AVRIL

Rueda insta o Ministerio de Transportes a que aclare a chegada dos trens a Galicia

G24.gal 04/08/2022 15:10

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle este xoves explicacións ao Ministerio de Transportes sobre o atraso dos trens AVRIL a Galicia, despois de que Talgo responsabilizara da demora a Renfe.

En declaracións aos medios tras o Consello da Xunta, Rueda explicou que lle van enviar unha carta ao ministerio que dirixe Raquel Sánchez para que aclaren o acontecido sobre este asunto e poñan prazo á chegada deses trens, que son os que permitirán levar a alta velocidade ás cidades galegas.

"Non temos unha data cando o presidente do Goberno se comprometeu a facer unha mesa de seguimento para darnos esa información", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade