Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta presenta o primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda: 145 novas vivendas en Lugo

A Xunta presenta o primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda: 145 novas vivendas en Lugo

A conselleira de Vivenda anuncia que o 25 % dos pisos serán para menores de 36 anos en réxime de compra, que poderán solicitar as axudas desde o luns, 27 de xaneiro

Para a redacción deste primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda investiuse pouco máis dun millón de euros, mentres que para a obra estímanse 27 millóns

As empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo 10 de marzo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita o barrio de Garabolos, en Lugo. XUNTA A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita o barrio de Garabolos, en Lugo. XUNTA
G24.gal 24/01/2025 17:34

A Xunta saca a licitación a primeira promoción da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal), 145 novos fogares no barrio de Garabolos, en Lugo, cun investimento para a redacción do proxecto e dirección de obra que ascende a máis dun millón de euros de fondos propios da administración autonómica.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou na mañá do venres a parcela onde se construirá a primeira promoción de Vipugal, entidade recentemente creada. Contando proxectos anteriores, esta será a terceira promoción realizada no barrio por parte da Xunta.

Como explicou, para a redacción do proxecto foron designados pouco máis dun millón de euros e para a obra estímanse uns 27 millóns. As empresas interesadas en participar teñen de prazo ata o próximo 10 de marzo.

Allegue lembrou que a semana pasada licitáronse as obras de dous bloques de vivendas en leste mesmo barrio de Garabolos, onde se construirán dous edificios, de 70 e 76 vivendas, cun orzamento de máis de 28 millóns de euros, cofinanciado con fondos europeos.

Axudas para a xente nova

A conselleira destacou ademais, que neste novo proxecto o 25% das vivendas reservaranse para menores de 36 anos en réxime de compra "porque queremos que os nosos mozos poidan adquirilas en condicións e a un prezo máis accesible".

Allegue anunciou que xa está publicado no Diario Oficial de Galicia que a partir deste luns, 27 de xaneiro, eses mozos menores de 36 anos poderán solicitar as axudas para a compra de vivenda protexida e para a compra de vivenda nos conxuntos históricos, "entre os que se inclúe o que ten Lugo dentro de murallas".

Para o primeiro caso, as axudas son de 20.000 euros e para os centros históricos de 12.800 euros. Para a poboación xeral, o montante será de 10.800 euros.

A conselleira destacou o traballo que realizou a Xunta de Galicia no centro histórico da cidade, concretamente no barrio da Tinería, ao que se destinaron uns 26 millóns de euros, que permitiron chegar ata as 96 vivendas rehabilitadas.

Engadiu que no primeiro trimestre deste ano se licitaran as obras de rehabilitación de dous inmobles da rúa Catedral e o concurso de ideas para dinamizar a unidade de actuación, onde se atopa o Pazo de Dona Urraca.

"Temos un forte compromiso nesta materia e imos duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura, pasando das 4.000 ás 8.000 vivendas públicas no ano 28", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade