Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e Xunta pechan a transferencia da xestión do litoral, primeiro traspaso a Galicia en 16 anos

Goberno e Xunta pechan a transferencia da xestión do litoral, primeiro traspaso a Galicia en 16 anos

O presidente da Xunta confía en contar "canto antes" cos medios necesarios para xestionar esta competencia reclamada por Galicia

Ánxeles Vázquez: "Agardamos que 2025 sexa o ano efectivo en que exerzamos esas competencias"

O traspaso realizarase "nas mesmas condicións" que o de Euskadi e Galicia poderá xestionar os 2.500 quilómetros de costa da comunidade e 1,6 millóns de hectáreas terrestres e marítimas

O sector mar-industria cre que a cesión da xestión do litoral a Galicia traerá seguridade xurídica

 

Arquivo
G24.gal 17/12/2024 12:44 Última actualización 17/12/2024 20:35

Xunta e Goberno central pecharon o acordo para transferir a Galicia a competencia de xestión do litoral. Unha vez que se formalice, un paso que se prevé inminente, este converterase no primeiro traspaso que recibe a comunidade desde o ano 2008, dado que o último paquete selouse aínda co socialista Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta.

O actual máximo mandatario galego, Alfonso Rueda, ratificou no seu perfil de X o peche deste acordo.  "Acabamos de pechar un acordo co Goberno para a transferencia a Galicia, por fin, da xestión do noso litoral. Agora, esperamos contar canto antes cos medios necesarios para exercer esta competencia tan importante para a nosa comunidade", trasladou Rueda.

Esta é a primeira competencia que o Estado traspasa a Galicia en 15 anos. Rueda agarda que nos vindeiros meses cheguen outras aínda pendentes como a transferencia da autoestrada ou a xestión do servizo meteorolóxico.

"Imos pouco a pouco conseguindo éxitos", dixo o presidente da Xunta.

O presidente galego esixira na pasada xornada, tras o acordo formalizado con Euskadi que incluía o traspaso desta competencia, o mesmo trato para a comunidade galega e que se pechase a transferencia antes do 31 de decembro.

Todo iso, tras lembrar que o Executivo de Pedro Sánchez recorreu no seu día a lei galega do litoral, despois avalada polo Tribunal Constitucional (TC), e tras esixir que a cesión se fixese en idénticos termos á de País Vasco. Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que o traspaso se realizará "nas mesmas condicións" que o de Euskadi.

A transferencia a Galicia da competencia para xestionar o litoral perimitirá á comunidade autónoma outorgar e renovar as concesións de actividade e uso no dominio público marítimo terrestre. 

Confía en "pechar o capítulo administrativo" e "que nos manden unha planificación canto antes". O obxectivo, asegura, é que "2025 sexa o ano efectivo en que exerzamos esas competencias".

Fontes de Presidencia da Xunta confirmaron que tiveron coñecemento da decisión do Goberno na noite de onte, polo que confían en que a Comisión Mixta de Transferencias poida reunirse antes de que conclúa o ano en curso.

O obxectivo da Xunta é que a publicación no Boletín Oficial prodúzase canto antes aínda que é probable que non poidan exercer as competencias totais ata pasado o primeiro trimestre de 2025.

A Xunta ten o compromiso de comezar a traballar de inmediato na emisión dos primeiros informes e títulos relacionados coa xestión do litoral

Desde o Goberno galego destacan que Galicia poderá xestionar o litoral dunha maneira autónoma porque no acordo alcanzado elimínase a esixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). Para o Goberno galego este requisito supoñía unha clara inxerencia estatal sobre as competencias autonómicas polo que incidiron na súa retirada.

Grazas a este acordo, Galicia poderá xestionar os 2.500 quilómetros de costa da comunidade e 1,6 millóns de hectáreas terrestres e marítimas.

Tras a consecución desta competencia, o Goberno galego continuará o seu proceso de demanda de novas atribucións ao Estado como a transferencia da AP-9 e tamén en materia de competencia de meteoroloxía.

O sector mar-industria de Galicia asegura que a transferencia da competencia lle vai dar seguridade xurídica. Lembran que hai milleiros de concesións na franxa de dominio marítimo-terrestre que estaban gardando por unha solución, tal como constaba o presidente de ARVI, Javier Touza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos