Cargando resultados...
Alberto Ruano: "Aínda é cedo para retirar as máscaras en interiores"
O epidemiólogo destaca que a incidencia acumulada en Galicia é das maiores de España
G24.gal
10/03/2022 21:21
O profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC Alberto Ruano cre prematuro levantar xa a obriga de usar máscara dos espazos interiores. Ruano salienta que a incidencia acumulada en Galicia é demasiado alta.
O epidemiólogo considera que a retirada da máscara debería facerse autonomía por autonomía, en función da incidencia do virus en cada comunidade autónoma. Alberto Ruano entende que ese criterio tamén serviría para acurtar as corentenas.
