Cargando resultados...
Apic: "Somos un equipo novo, con moitas caras novas. Precisamos ir paso a paso"
Apic: "Somos un equipo novo, con moitas caras novas. Precisamos ir paso a paso"
Na semana do inicio de liga e tras gañar a Copa Galicia, as sensacións no Breogán son positivas
G24.gal
24/09/2024 15:45
Última actualización 24/09/2024 15:56
EJ Onu e Dragan Apic son dous baluartes no xogo interior do Rio Breogán que debuta o sábado en Bilbao. Son dous pivotes para fortalecer ao conxunto de Mrsic.
Apic é un pivote serbio. 2,06, 28 anos, chega do Le Mans francés, pero coñece a liga ACB tras xogar no San Pablo Burgos. Na semana do inicio de liga e tras gañar a Copa Galicia, as sensacións son positivas.
"Somos un equipo novo, con moitas caras novas. Precisamos ir paso a paso para mellorar en cada partido".
Onu é un pivote nixeriano de 2.,11, 24 anos. Un portento físico, intimidador baixo o aro. Procede da liga xermana.