Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os nutricionistas salientan a importancia da alimentación no tratamento do párkinson

Os nutricionistas salientan a importancia da alimentación no tratamento do párkinson

Aseguran que é preciso consumir as proteínas de xeito axeitado para que a medicación sexa todo o efectiva que debe

G24.gal 26/01/2025 10:52 Última actualización 26/01/2025 13:08

Estímase que o párkinson afecta un 2 % da poboación, é unha doenza da que os síntomas máis recoñecibles son os tremores, a rixidez ou a perda de equilibrio.

Para unha mellor evolución da enfermidade é aconsellable seguir unha pautas de alimentación axeitadas, algo do que se falou esta fin de semana en Lugo.

O vello cárcere acolleu un relatorio no que se puxo de manifesto a importancia da alimentación e do exercicio na evolución da doenza.

Laura Campello, especialista en nutrición, asegurou que o consumo axeitado de proteínas é fundamental para que a medicación actúe de xeito efectivo.

Segundo o vicepresidente da Asociación de Párkinson Lucense, Eduardo Fernández, o papel das organizacións de doentes e familiares é básico para chegar onde non chega a sanidade pública, con servizos de logopedia, fisioterapia, obradoiros ou ximnasia de mantemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade