Comer variado, con máis froita e verdura e menos azucre, entre os propósitos comúns do ano novo
Comer variado, con máis froita e verdura e menos azucre, entre os propósitos comúns do ano novo
Evitar os produtos ultraprocesados é outro dos consellos dos expertos en nutrición
Atrás quedan xa as enchentes do Nadal, cos excesos característicos desas datas. Neste sentido, un dos propósitos máis comúns do ano novo é a mellora da alimentación.
Para que non quede só en meras intencións, os expertos en nutrición recomendan, en primeiro lugar, inxerir alimentos frescos e variados, entre os que non falten os legumes, as froitas, as verduras, os cereais integrais ou as graxas saudables.
Fernando Aceiro, médico especialista en nutrición: "Sobre todo alimentos frescos, como peixe ou carne. Galicia distínguese pola calidade e pola frescura dos alimentos, polo naturais que son. Iso si que é alimentarse ben".
Ademais de adquirir o hábito de cear lixeiro, limitar o consumo de azucre e de sal e evitar os produtos ultraprocesados son outros dos consellos que adoitan dar os nutricionistas.
Fernando Aceiro, médico especialista en nutrición: "Nos mercados temos cousas que se venden como alimentos, pero que non son, como s que teñen moito azucre, as chamadas calorías baleiras, que nos dan enerxía pero máis nada. Nin vitaminas, nin minerais".
Tocante ás bebidas, recoméndase evitar o alcohol e incrementar o consumo de auga.