Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivan outra vez a investigación pola morte do seareiro do Deportivo Jimmy

Arquivan outra vez a investigación pola morte do seareiro do Deportivo Jimmy

O xuíz sostén que no procedemento hai "meras sospeitas, hipóteses ou elucubracións absolutamente insuficientes"

G24.gal 15/11/2021 11:45

O Xulgado de Instrución número 20 de Madrid arquivou outra vez a investigación pola morte do seareiro do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy, durante unha liorta que tivo lugar o 30 de novembro de 2014 entre seareiros do Riazor Blues e o Frente Atlético.

Nun auto, ao que tivo acceso Europa Press, o instrutor acorda dar carpetazo á causa tras esgotar as dilixencias de investigación practicadas por mandamento da Audiencia Provincial de Madrid.

Sostén que no procedemento hai "meras sospeitas, hipóteses ou elucubracións absolutamente insuficientes, que sen a concorrencia doutros indicios, resultan absolutamente insuficientes aos fins pretendidos".

Conclúe o xuíz que "non se aprecian indicios suficientes de criminalidade para procesar a persoa algunha polos presuntos delitos de homicidio consumado respecto de Romero Taboada e de lesións respecto de Santiago Miguel A. M.".

caso pechouse en xuño de 2018 ante a ausencia de autor coñecido pero meses despois a Audiencia de Madrid ordenou a súa reapertura a instancias dun recurso interposto pola acusación particular contra o auto que sobreseeu a causa ao non existir "indicios de criminalidade contra ningunha persoa".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade