Arxentina volve gañar enteiros na loita polo mundial tras a vitoria contra México
Arxentina volve gañar enteiros na loita polo mundial tras a vitoria contra México
Era unha auténtica final para Arxentina. A selección de Scaloni xogaba a súa continuidade diante de México na segunda xornada da fase de grupos. Unha derrota eliminábaa do mundial de Qatar, así que a Albiceleste tivo que xogar un partido con moito tino.
E foi un partido trabado. México tamén precisaba os puntos, e as precaucións foron máximas. Houbo que agardar ata a segunda metade para as accións decisivas do encontro.
Primeiro apareceu Messi para desatascar o partido. Era o minuto sesenta e catro e o capitán marcaba desde fóra da área o seu segundo gol do torneo, que despexaba o camiño para a tan agardada vitoria. Xa no treito final do partido apareceu Enzo Fernández para pechar o marcador con outro espectacular remate.
Arxentina volve depender de si mesma na última xornada, en que vai loitar polo primeiro posto con Polonia. México terá que gañarlle si ou si a Arabia Saudita.
Leo Messi será siempre 𝗟𝗲𝗼 𝗠𝗲𝘀𝘀𝗶 🐐
— Gol Mundial (@Gol) November 26, 2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #flybetter #GolMundial pic.twitter.com/eKYXBISZcT