Aspas festexa, marca, e Claudio Giráldez móllase sobre a súa renovación
Aspas festexa, marca, e Claudio Giráldez móllase sobre a súa renovación
O día que chegaba aos 501 partidos marcou o seu gol número 208 como celeste
"É unha decisión súa, pero estou encantado de que siga e creo que vai pasar", asegurou o adestrador celeste
Iago Aspas segue a escribir a historia do Celta. No partido contra o Xirona chegou ao partido número 501 como xogador celeste. Entrou no segundo tempo e marcou o gol do empate no minuto 81, o gol 208 da súa conta particular desde que está no primeiro equipo do Celta.
Ao final do partido Claudio Giráldez mollouse sobre o seu futuro. "É unha decisión súa, eu estou encantado de que siga e, sinceramente, creo que vai pasar. Oxalá manteña esta enerxía e felicidade por xogar", comentou o porriñés.
Tamén lle mandou unha mensaxe Alexander Mostovoi a través da Televisión de Galicia onde o felicitou polos 500 partidos e polo gol diante do cadro xironés.
A mensaxe 🧙♂️ 𝗗𝗨𝗡 𝗫𝗘𝗡𝗜𝗢 𝗔 𝗢𝗨𝗧𝗥𝗢 𝗫𝗘𝗡𝗜𝗢 🧙
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 29, 2024
Desde Moscova 🇷🇺 Mostovoi 🗣️ @aspas10
Lendas do @RCCelta
🎙️ "Iago, eres o mellor ... Eu, detrás de ti ... Parabéns"
501 𝘗𝘈𝘙𝘛𝘐𝘋𝘖𝘚 | 208 𝘎𝘖𝘓𝘌𝘚 pic.twitter.com/dfEBFPbSrn