Iago Aspas ofrécese para mediar no conflito Carlos Mouriño-Denis Suárez
Iago Aspas ofrécese para mediar no conflito Carlos Mouriño-Denis Suárez
Aspas sobre Santi Mina: "Non puiden falar con el, está nun momento moi difícil"
"Temos que centrarnos no partido do sábado, pero onte había máis prensa que cando lle gañamos ao Real Madrid", asegura o capitán do Celta a TVG
Iago Aspas falou para a Televisión de Galicia horas despois da sentenza que condena a catro anos de prisión a Santi Mina. Aspas é un dos capitáns e gran líder do vestiario. Recoñece que aínda non puido falar co seu compañeiro porque "estará nun momento difícil".
Tamén para o equipo están a ser horas de moito balbordo: "Había máis prensa no adestramento que cando lle gañamos ao Real Madrid" asegurou Iago, que tenta afastarse do ruído mediático e centrarse no deportivo para garantir canto antes a permanencia do equipo en Primeira División.
Aspas ofrécese para mediar no conflito Carlos Mouriño-Denis Suárez. E ofrécese como socio. Disposto a falar co presidente para que Denis continúe.
"Falarei co presidente para tentar que o arranxen, sabendo que é unha cousa difícil"