Brais Méndez négase a falar sobre o caso de Santi Mina
Brais Méndez négase a falar sobre o caso de Santi Mina
"Vouno deixar claro e espero que a ninguén lle pareza mal: o vestiario está ben, pero é un tema do que non vou falar"
"Vouno deixar claro e espero que a ninguén lle pareza mal: o vestiario está ben, pero é un tema do que non vou falar"
Con esta frase Brais Méndez pechaba calquera posibilidade de falar do caso de Santi Mina, un dos seus mellores amigos no vestiario do Celta.
Brais Méndez non quixo falar da situación de Santi Mina pero si da posibilidade de ir ao Mundial:
"O obxectivo é seguir traballando como ata o de agora, tentar axudar o equipo, facer as cousas ben. O que repercute para ir á selección é facelo ben no teu club"
Sobre unha ampliación de contrato co Celta, Brais Méndez tampouco se mollou:
"Estou tranquilo, teño dous anos de contrato, estou centrado en acabar ben a tempada e logo verase. Non teño présa nin ningunha incerteza"