Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller de 58 anos sen patoloxías previas nunha xornada de aumento das hospitalizacións

Falece unha muller de 58 anos sen patoloxías previas nunha xornada de aumento das hospitalizacións

Os casos activos aumentan en 106 persoas con covid–19 e xa andan polos 1.300

Rexístrase o falecemento dunha muller de 58 anos sen patoloxías previas

Jessica Fernández 15/11/2021 10:28 Última actualización 20:18

Os casos activos seguen o seu aumento e Galicia xa toca os 1.300 casos activos. En total, hai 1.285 (+106) persoas con coronavirus.

Os contaxios seguen por enriba do cento, pero diagnosticouse un menos ca na xornada anterior. Foron detectados 136 novos casos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 317 (+19)

Vigo: 233 (+51)

Ourense: 295 (+8)

Santiago: 113 (+10)

Lugo: 124 (+5)

Pontevedra: 106 (+11)

Ferrol: 97 (+2)

Pola súa parte, tamén aumenta o número de persoas hospitalizadas, que xa está nas 53. En total, hai nove en coidados intensivos (-1) e 44 en planta (+8).

Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid–19, que elevan a cifra a 2.658 falecementos desde o inicio da pandemia. Unha das vítimas é unha muller de 58 anos que faleceu o pasado día 12 no seu domicilio na área sanitaria de Ferrol e que non padecía patoloxías previas. Na xornada do domingo faleceu unha muller de 85 anos con patoloxías previas no CHOU.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos