Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixa o movemento transfronteirizo con Portugal ante as novas restricións pola covid

Baixa o movemento transfronteirizo con Portugal ante as novas restricións pola covid

Longas ringleiras nas gasolineiras galegas da raia ante o medo ao peche da fronteira

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 01/12/2021 14:55

En Portugal, hoxe entra en vigor o estado de calamidade. E malia que finalmente só se piden probas negativas na fronteira se se procede de países en risco alto, que non é o caso de España,  si se notou unha menor afluencia de galegos cruzando o Miño.

O mal tempo, as novas restricións e sobre todo as dúbidas que houbo ata onte sobre os controis na fronteira fixeron que hoxe foran menos os que se animasen a facer aquí as compras.

Os comerciantes e os hostaleiros teñen medo de que esta sexa a tendencia na ponte festiva. Por iso insisten en que finalmente só se está a pedir o pasaporte de vacinación covid e non probas PCR aos visitantes, turistas ou traballadores que crucen a fronteira terrestre lusa.

Precisamente o medo a un peche de fronteiras fixo que centos de condutores portugueses colapsaran nas últimas horas as gasolineiras galegas fronteirizas. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade