Publicador de contidos

Contido coa etiqueta combustible .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta combustible .

Combustible

Incendio provocado pola explosión dun camión de combustible no norte de Nixeria (vía REUTERS)

Soben a 147 os mortos pola explosión dun camión de combustible en Nixeria

16/10/2024 20:28

O condutor perdeu o control e envorcou o vehículo, e cando os habitantes foron "buscar a gasolina" esta prendeu

Ademais dos 105 falecidos, hai unhas 55 persoas feridas 


Oito de cada dez condutores apostan polos combustibles de baixo custo

01/10/2024 14:57

Son as conclusións do estudo sobre hábitos de consumo realizado por Plenoil


A operación retorno do verán chega cos carburantes en mínimos anuais

30/08/2024 09:00

A DXT agarda máis de 700.000 despramentos en Galicia esta fin de semana, con especial atención ao regreso a cidades desde zonas costeiras

As estradas galegas con máis afectación polo aumento do tráfico serán as seguintes: AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.


Europapress

Agosto, un mes co prezo dos carburantes á baixa pero coa luz en máximos

22/08/2024 10:01

A gasolina alcanza o seu prezo máis baixo desde febreiro, mentres que o gasóleo anota a súa quinta semana consecutiva de abaratamento

A media do prezo da luz en agosto é de 89,14 euros/MWh, que o converterían no mes co prezo almacenista da electricidade máis caro neste 2024


A gasolina cae a 1,60 euros, o seu prezo máis baixo desde febreiro

08/08/2024 10:09

O gasóleo, pola súa banda, custou 1,473 euros por litro, un 0,7 % menos

Etiquetas:  COMBUSTIBLE

Combustible renovable nunha gasolineira

Avanza o uso de biocombustibles como alternativa de mobilidade de cara ao 2050

26/07/2024 15:13

Antes de que remate este ano poderase botar combustible 100 % renovable en dez estacións de servizo de Galicia


Operarios realizando tarefas de limpeza nas praias valencianas

Unha vertedura de fuel tingue de negro e obriga a pechar tres praias en Valencia

17/07/2024 16:29

Capitanía Marítima de Valencia investiga a orixe e composición do combustible, que se estende por case dous quilómetros de costa

O acceso e o baño nos areais está prohibido e están a realizarse tarefas de limpeza para recuperar o espazo natural


A gasolina sobe en España a 1,67 euros o litro e encadea tres meses á alza

18/04/2024 09:16

En comparación coas mesmas datas do exercicio anterior, o prezo da gasolina é agora un 1,51 % máis caro, mentres que o do diésel subiu un 2,69 %

Desde comezos de 2024, a gasolina encareceuse un 9,25 % e o gasóleo preto dun 4,5 %


O petroleiro rescatado. Foto/Mariña portuguesa

Portugal rescata un barco con 200 toneladas de fuel e evita un desastre ambiental

24/02/2024 22:05

Quedara á valga co combustible e 13 toneladas de fertilizantes

Categorías:  Mundo   Sucesos

A de Coirós foi a primeira área de servizo en comercializar diésel renovable en Galicia

O diésel renovable inicia a súa expansión en Galicia

02/02/2024 14:50

Xa se vende en dúas estacións de servizo, e aumentarán a dez neste ano

É un biocombustible elaborado con residuos orgánicos e considerado de cero emisións netas


A gasolina despide 2023 co prezo máis baixo en case dous anos

31/12/2023 15:54

Segundo os datos do Boletín Petroleiro da UE, a gasolina abaratouse case un 15 % nos últimos tres meses

Malia o descenso, encher o depósito é máis caro ca o ano pasado porque xa non hai descontos estatais


A CNMC investiga a Repsol por encarecer o combustible ás gasolineiras independentes

26/12/2023 12:29

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) investiga a Repsol por aproveitar,


Acordo no Cumio do Clima para a fin dos combustibles fósiles

13/12/2023 08:50

O acordo Balance Global pretende conter o aumento de temperatura para que non supere o grao e medio respecto aos niveis preindustriais

A decisión, aprobada por consenso no plenario da COP28, marca o obxectivo de cero emisións netas en 2050

"É un logro histórico e sen precedentes", sinalou no plenario o presidente do cumio de Dubai, o sultán Al Jaber


Bruxelas quere eliminar as caldeiras de combustibles fósiles en 2040

11/12/2023 17:38

A Unión Europea deixará de subvencionalas en 2025


O número de gasolineiras de baixo custo cuadriplicouse en Galicia desde 2019

03/12/2023 13:58

Ao principio, a clientela desconfiaba da calidade do combustible


Malestar no sector galego do hidróxeno verde polos fondos europeos

02/12/2023 14:24

Consideran incompresible que o hidroduto galego quede fóra das subvencións da UE

Pensan que todos os proxectos se demorarán e que haberá perda de competitividade


Os prezos da leña mantéñense malia o aumento da demanda

Dispárase a venda de leña, alternativa que permite importantes aforros en calefacción

20/11/2023 14:30

O aumento da demanda non disparou polo momento os prezos, que se sitúan entre 60 e 70 euros o metro cúbico


Galicia estrea a primeira estación de servizo con combustible cen por cento renovable

14/11/2023 14:38

O combustible prodúcese a partir de aceite de cociña usado


Un laboratorio de Móstoles crea os combustibles renovables que se producirán na Coruña

06/11/2023 14:28

Antes de que remate o ano, entrará en funcionamento na Coruña a primeira estación de servizo de Galicia con combustibles cen por cento renovables

É o punto e final dun proceso que comeza na localidade madrileña de Móstoles, no centro de investigación privado máis grande de España


A gasolina abarata máis dun 2 %, a súa terceira semana consecutiva á baixa

19/10/2023 12:54

O gasóleo cae 1,5 % na segunda baixada consecutiva no que vai de mes

Encher un depósito medio de 55 litros custa agora máis de 92 euros no caso da gasolina e 91 euros se se enche con gasóleo

Etiquetas:  COMBUSTIBLE

Portugal aumenta o desconto do imposto aos combustibles pola inflación

25/09/2023 12:52

A redución dos impostos aplicables aos combustibles en vigor en Portugal ascende a 25,1 céntimos por litro de gasóleo e 26,1 céntimos por litro de gasolina


O sector do transporte pide subir a bonificación do litro de gasóleo 10 céntimos

24/09/2023 13:18

Consideran que o prezo dos combustibles pon moitas das súas empresas nunha situación complexa


Os autónomos do transporte xa poden pedir as axudas polo custo dos carburantes

18/09/2023 13:21

As axudas oscilan dende 750 euros a 1.800 por vehículo e non poden pedilas os transportistas que xa están acollidos á devolución do gasóleo profesional


O sector do transporte pide un aumento da bonificación do combustible

16/09/2023 13:51

Os carburantes supoñen o 30 % dos custos dos transportistas

Reclaman volver ás axudas de 20 céntimos por litro


A gasolina marca novo máximo anual tras nove semanas de subas

07/09/2023 12:40

A gasolina está a 1,73 euros o litro e o gasóleo nos 1,62 euros, o prezo máis elevado desde mediados de febreiro

Desde o inicio do verán, os carburantes acumulan un encarecemento do 12,8 %

Etiquetas:  COMBUSTIBLE

O consumo de combustibles de automoción repunta un 1,5% en xullo

01/09/2023 14:46

O consumo medrou a expensas da gasolina, que se consumiu un 9,4 % máis; a venda de gasóleo baixou un 0,7 %


A Xunta e Repsol acordan instalar 245 puntos de recollida de aceite de cociña usado en Galicia

30/08/2023 14:55

Os usuarios van recibir 30 céntimos por cada litro que entreguen

O uso dun 1 % de combustibles renovables supón unha redución de emisións equivalente á incorporación de 500.000 vehículos eléctricos 

A vicepresidenta da Xunta marca como obxectivo conseguir a neutralidade climática en 2040


O prezo da gasolina supera os 1,7 euros e o do diésel os 1,6 euros tras sete semanas subindo

24/08/2023 11:15

Desde xullo a gasolina acumula un incremento no seu prezo do 7,34 %, mentres que o do gasóleo suma un encarecemento do 11,3 %

O diésel suma 27 semanas seguidas por baixo do prezo da gasolina


O 73% dos españois teme que a inflación reduza os seus aforros 

21/08/2023 15:06

Afirman que a alza dos prezos está a prexudicar a súa situación financeira

O 70 % da poboación está preocupada polas pensións


Os carburantes encareceron a ponte de agosto, tras a súa sexta alza consecutiva

17/08/2023 12:04

Este avance fai que a gasolina roce novamente os rexistros de mediados de 2022, en plena crise enerxética pola invasión rusa de Ucraína

Etiquetas:  COMBUSTIBLE

Aberto o prazo para que a frota pida axudas de 3,6 millóns pola carestía do combustible

14/08/2023 10:42

Para armadoras de embarcacións que teñan o seu porto base en Galicia, a licenza en vigor e estean de alta na terceira lista do Rexistro Xeral de Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia


A gasolina sobe un 1,8 % e volve a niveis de hai un ano, cando se aplicaba desconto

10/08/2023 12:57

O prezo medio da gasolina situouse en algo máis de 1,68 euros o litro, mentres que o gasóleo custou case 1,553 euros


Os prezos dos carburantes encadean catro semanas de subas

05/08/2023 14:22

Na última semana o gasóleo encarece un 2,5 % e a gasolina, un 2,1 %

O prezo medio do diésel é 1,5 o litro, e o da gasolina, 1,65 céntimos 

 


Os carburantes confirman a súa escalada e soben un 2 % en plena operación saída

03/08/2023 11:07

A gasolina está a 1,65 euros o litro de media, mentres que o gasóleo custa 1,5 euros

A pesar de catro semanas consecutivas de repuntas, a gasolina é un 3 % máis barata ca hai un ano, á vez que o gasóleo custa un 11,3 % menos

Arabia Saudita estende un mes o recorte voluntario dun millón de barrís de petróleo e advirte de que podería "aumentalo"

Etiquetas:  COMBUSTIBLE

O 14 % das gasolineiras de Galicia son automáticas

15/07/2023 14:21

É a comunidade onde máis aumentou este tipo de puntos de repostaxe


Os expertos prevén cambios nos prezos dos combustibles

04/07/2023 14:32

O aumento da capacidade de refinación contribuirá a baixar os prezos

A baixada da demanda será outro factor que abaratará a gasolina e o diésel 

Categorías:  Mundo   Economía
Etiquetas:  PREZOS   COMBUSTIBLE

As gasolineiras 'low cost' presumen de prezos máis baratos nesta operación saída

02/07/2023 21:02

Poden atoparse diferenzas de ata 20 céntimos por litro no gasóleo

Dependen de se gozan dalgunha promoción nas gasolineiras tradicionais


Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra limpan a mancha

Unha mancha de combustible de máis de cinco quilómetros afectou dúas estradas de Pontevedra

18/06/2023 11:42

A vertedura apareceu nun treito das estradas EP-0018 e da PO-223 en Pontevedra e alcanzou a estrada que une O Gatomorto e Os Milagres de Amil

Voluntarios de Protección Civil limparon para recuperar a seguridade


Os prezos do petróleo soben mentres Arabia Saudita promete recortes de produción

05/06/2023 08:40

Os prezos do petróleo subiron despois de que Arabia Saudita dixese que faría recortes dun millón de barrís por día en xullo

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 195 resultados.