Publicador de contidos
Publicador de contidos

A gasolina marca novo máximo anual tras nove semanas de subas

A gasolina marca novo máximo anual tras nove semanas de subas

A gasolina está a 1,73 euros o litro e o gasóleo nos 1,62 euros, o prezo máis elevado desde mediados de febreiro

Desde o inicio do verán, os carburantes acumulan un encarecemento do 12,8 %

G24.gal 07/09/2023 12:40

O prezo medio dos carburantes encadeou a súa novena semana consecutiva de subas, co cal acumulan un encarecemento de ata o 12,8 % desde o arranque do verán, á vez que a gasolina suma o seu prezo máis alto desde finais de xullo de 2022 e o diésel desde mediados de febreiro.  

En concreto, a gasolina encareceuse esta semana un 0,58 % para situarse nos 1,731 euros por litro, o seu valor máximo no que vai de 2023. Pola súa banda, o prezo medio do diésel tamén encadea nove semanas consecutivas de subidas, cun encarecemento do 0,62 % na última semana, para alcanzar os 1,622 euros o litro, 

Desde inicios de xullo, cando arrincou esta nova espiral alcista nos prezos dos carburantes, o litro de gasolina acumula un incremento no seu prezo do 8,7 %, mentres que o de gasóleo suma un encarecemento do 12,8 %.  

Estes valores aínda están lonxe do teito que marcaron en xullo de 2022, cando a gasolina alcanzou os 2,141 euros e o gasóleo os 2,1 euros.

Con iso, o enchido dun depósito medio de 55 litros de gasolina ascende actualmente a uns 95,21 euros, 8,3 euros máis do que custaba hai un ano. No caso do gasóleo, o enchido dun depósito medio de 55 litros supón actualmente uns 89,21 euros, uns 5,44 euros menos que os 94,65 euros que custaba no mesmo período de 2022.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade