Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oito de cada dez condutores apostan polos combustibles de baixo custo

Oito de cada dez condutores apostan polos combustibles de baixo custo

Son as conclusións do estudo sobre hábitos de consumo realizado por Plenoil

G24.gal 01/10/2024 14:57

Xa son 8 de cada 10 condutores os que apostan polo combustible de baixo custo en España. Iso segundo un estudo elaborado por Plenoil, que di que os clientes destas gasolineiras aumentaron case un 20 por cento nos dous últimos anos. En Galicia medraron aínda máis, un 31,5 por cento.

A motivación principal para escoller unha ou outra gasolineira é a proximidade, segundo dixeron o 59,3 %. O prezo é o factor definitivo para o 56,5 % dos enquisados.

Ademais, segundo esa enquisa, non notamos diferenza de calidade: os galegos somos dos que máis confiamos no combustible de baixo custo. Un 61 por cento asegura que é o mesmo que o das estacións tradicionais.

O estudo tamén di que apenas un 14 por cento dos condutores galegos bota combustible nas estradas, e que a maioría o fai nas gasolineiras urbanas ou periurbanas. Que teñan moitos surtidores, persoal a pé de estrada, horario de 24 horas e pagamento automático son outros factores que valoran os clientes, para aforrar tempo ademais de diñeiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar