Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova taxa sobre o diésel podería comezar a aplicarse antes do 21 de marzo

A nova taxa sobre o diésel podería comezar a aplicarse antes do 21 de marzo

O sector do transporte maniféstase en contra da intención do Goberno central de sacar adiante o imposto para equiparalo ao da gasolina

Denuncian que elevará os custos e afogará as empresas

G24.gal 24/02/2025 14:18

O Goberno central terá que poñer de acordo os seus socios de Goberno para aprobar o imposto ao diésel que esixe Bruxelas para que España acceda ao quinto pago completo dos fondos europeos por valor de 23.900 millóns de euros. 

Mentres o executivo intenta sacar adiante a medida, o sector do transporte ponse en pé de guerra. Calculan a alza de dez céntimos por litro elevará arredor de 500 euros ao mes o custo por remolque e ata os 1000 anuais para os lixeiros. 

O sector non descarta mobilizacións en caso de que se aprobe a carga impositiva que segundo denuncian afogaría ao sector. 

O transporte sería un dos sectores económicos máis afectados, pero tamén suporá un gasto a maiores para o preto dos condutores particulares. 

Os transportistas piden aos partidos políticos que tumben a medida no Congreso dos Deputados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade