Cargando resultados...
O 73% dos españois teme que a inflación reduza os seus aforros
O 73% dos españois teme que a inflación reduza os seus aforros
Afirman que a alza dos prezos está a prexudicar a súa situación financeira
O 70 % da poboación está preocupada polas pensións
G24.gal
21/08/2023 15:06
Aforrar está complicado nestes tempos. A suba da inflación fai estragos nas nóminas. Nun recente estudo, o 73 por cento dos españois expresou a súa preocupación porque a inflación reduza os seus aforros.
Coa alza dos prezos da cesta da compra, as facturas, as hipotecas e o carburante, os cidadáns apenas se apañan para poder asumir os gastos. Ante esta situación, os españois miran o futuro con inquedanza. O 70 % da poboación está preocupada polas pensións.
O peto dos españois vaise reducindo a par que escala a inflación.