Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acordo no Cumio do Clima para a fin dos combustibles fósiles

Acordo no Cumio do Clima para a fin dos combustibles fósiles

O acordo Balance Global pretende conter o aumento de temperatura para que non supere o grao e medio respecto aos niveis preindustriais

A decisión, aprobada por consenso no plenario da COP28, marca o obxectivo de cero emisións netas en 2050

"É un logro histórico e sen precedentes", sinalou no plenario o presidente do cumio de Dubai, o sultán Al Jaber

G24.gal 13/12/2023 08:50

O Cumio do Cambio Climático das Nacións Unidas que se celebra en Dubai (COP28) acorda iniciar unha transición para deixar atrás os combustibles fósiles tras dúas semanas de intensas negociacións en que preto de 200 países debateron a forma de atallar colectivamente a crise climática.

O acordo Balance Global pretende conter o aumento de temperatura para que non supere o grao e medio respecto aos niveis preindustriais

Os países representados na COP28 adoptaron este mércores o Balance Global, o acordo con que aspiran a reforzar a súa acción climática para conter o aumento de temperatura para que non supere o grao e medio respecto aos niveis preindustriais.

A decisión, aprobada por consenso no plenario da COP28, marca o obxectivo de cero emisións netas en 2050

O devandito acordo, aprobado por consenso no plenario, chama aos Estados a iniciaren unha transición para afastarse dos combustibles fósiles, "de maneira ordenada e equitativa, acelerando a acción nesta década crítica, co fin de alcanzar o obxectivo de cero emisións netas en 2050, de acordo coa ciencia".

Abrir unha senda de abandono destes tipos de enerxía era a prioridade neste cumio para a Unión Europea e outras economías industrializadas e para países moi vulnerables ao cambio climático, como moitos estados en desenvolvemento.

Con todo, ata o plenario había na COP28 incerteza sobre se un acordo que marcase a fin da era dos combustibles fósiles sería aceptado por países petroleiros como Arabia Saudita, a quen sinalaba como a principal oposición.

Pacto histórico para iniciar a transición para a fin dos combustibles fósiles

"É un logro histórico e sen precedentes", sinalou no plenario o presidente da COP28, o emiratí sultán Al Jaber, quen agradeceu o "traballo duro" das delegacións durante as últimas dúas semanas e especialmente nas últimas horas, en que os países negociaron ata a madrugada para lograr o consenso. 

O comisario europeo de Acción Climática Wopke Hoekstra tamén cualificou hoxe de "histórica" a decisión tomada no Cumio do Clima de Dubai de iniciar unha transición para deixar atrás os combustibles fósiles

"O mundo acaba de adoptar unha decisión histórica na COP28 para poñer en marcha unha transición irreversible e acelerada que nos afaste dos combustibles fósiles", afirmou o xefe negociador da UE despois de que a presidencia do cumio anunciase que se acordou o documento do Balance Global.

"Con iso, logramos o que procurabamos: manter os 1,5 graos ao noso alcance e marcar o principio da fin dos combustibles fósiles", aseverou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade