Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha mancha de combustible de máis de cinco quilómetros afectou dúas estradas de Pontevedra

Unha mancha de combustible de máis de cinco quilómetros afectou dúas estradas de Pontevedra

A vertedura apareceu nun treito das estradas EP-0018 e da PO-223 en Pontevedra e alcanzou a estrada que une O Gatomorto e Os Milagres de Amil

Voluntarios de Protección Civil limparon para recuperar a seguridade

Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra limpan a mancha Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra limpan a mancha
G24.gal 18/06/2023 11:42

Os servizos de emerxencias tiveron que traballar a primeira hora deste domingo na limpeza dunha mancha de combustible que se estendeu por máis de cinco quilómetros dun treito das estradas EP-0018 e da PO-223, no concello de Pontevedra.

Ademais, a vertedura alcanzou tamén a estrada que une O Gatomorto e Os Milagres de Amil.  O 112 Galicia informou de que recibiu o aviso por medio dun particular que detectou a mancha sobre as 08:30 horas, e de que procedía da zona de Monte Porreiro e alcanzaba O Pontillón.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Tamén foron avisados os voluntarios de Protección Civil e o persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra.

Con todo, e como explica o 112, foi dabondo cos traballos dos voluntarios para tratar de devolver as medidas de seguridade á vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade