Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os autónomos do transporte xa poden pedir as axudas polo custo dos carburantes

Os autónomos do transporte xa poden pedir as axudas polo custo dos carburantes

As axudas oscilan dende 750 euros a 1.800 por vehículo e non poden pedilas os transportistas que xa están acollidos á devolución do gasóleo profesional

G24.gal 18/09/2023 13:21

Os autónomos do sector do transporte poden solicitar dende hoxe as axudas para compensar o elevado prezo dos carburantes. 

É unha subvención directa que se pide na sede electrónica da Axencia Tributaria. O prazo vai dende hoxe ata o 31 de outubro.

E as axudas oscilan dende 750 euros a 1.800 por vehículo, dependendo da actividade. Poden acollerse taxistas, servizos de mudanzas...

Os que non teñen que pedilas son os transportistas que xa están acollidos á devolución do gasóleo profesional. Ese colectivo recibirá o ingreso automático este mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade