Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avanza o uso de biocombustibles como alternativa de mobilidade de cara ao 2050

Avanza o uso de biocombustibles como alternativa de mobilidade de cara ao 2050

Antes de que remate este ano poderase botar combustible 100 % renovable en dez estacións de servizo de Galicia

Combustible renovable nunha gasolineira
G24.gal 26/07/2024 15:13 Última actualización 26/07/2024 22:12

A enerxía eléctrica é unha das solucións para avanzar na transición enerxética. Pero hai sectores, como é o caso do transporte ou a industria, para os que é necesario buscar unha alternativa.

"Apostar por todas as tecnoloxías, o chamado mix enerxético. Deste xeito podemos alcanzar a meta de cero emisións netas en 2050", asegura Isabel San Juan, directora de comunicación da refinería de Repsol na Coruña.

Os combustibles renovables de orixe orgánica son xa unha realidade no sector do transporte. Un 10 % dos produtos que repostamos nas estacións de servizo son xa biocombustibles. E temos, só en Galicia, tres gasolineiras que ofrecen produtos cen por cento renovables. Antes de que remate o ano serán dez.

"Este combustible serve para a frota actual de vehículos. Máis de catro millóns de clientes utilizaron xa este combustible non só para vehículos particulares. Tamén para transporte de viaxeiros e de mercadorías", explica Isabel San Juan.

O obxectivo da Unión Europea pasa por alcanzar a neutralidade climática no ano 2050. E asume que este reto fará necesaria unha ampla variedade de tecnoloxías innovadoras para conseguilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade