Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vertedura de fuel tingue de negro e obriga a pechar tres praias en Valencia

Unha vertedura de fuel tingue de negro e obriga a pechar tres praias en Valencia

Capitanía Marítima de Valencia investiga a orixe e composición do combustible, que se estende por case dous quilómetros de costa

O acceso e o baño nos areais está prohibido e están a realizarse tarefas de limpeza para recuperar o espazo natural

Operarios realizando tarefas de limpeza nas praias valencianas Operarios realizando tarefas de limpeza nas praias valencianas
G24.gal 17/07/2024 16:29

Capitanía Marítima de Valencia investiga a vertedura que dende o martes tingue de negro tres praias do sur da provincia. As tres continúan pechadas mentres os operarios seguen retirando o fuel que se estende ao longo de case dous quilómetros de costa.

Os operarios retomaban na mañá do mércores manualmente as tarefas de limpeza das tres praias do sur de Valencia afectadas pola vertedura de hidrocarburos. Trátase de Saler, Arbre del Gos e Garrufera, no parque natural da Albufera.

Os expertos están analizando tamén a composición do fuel para determinar a súa posible orixe. O que si confirmaron na mañá do mércores as autoridades marítimas foi que a vertedura xa non se apreciaba na auga e que está todo concentrado na area das praias.

A urxencia agora é a limpeza total da substancia contaminante para retomar canto antes a afluencia de bañistas a estes areais precisamente na época turística máis intensa nesta zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade