Hidróxeno para a automoción, HIMOV, un proxecto de investigación de Galicia e o norte de Portugal
Hidróxeno para a automoción, HIMOV, un proxecto de investigación de Galicia e o norte de Portugal
O principal financiador é a Unión Europea
No proxecto transfronteirizo, HIMOV, participan 8 socios galegos e do norte de Portugal, entre os que hai institutos de investigación tanto públicos como privados.
"O proxecto é dun dous millóns de euros . A UE achega o 75 % a través da da POCTEP, un programa de cooperación transfronteiriza", di Xosé Lago, coordinador xeral de POCTEP. O resto dos socios achegan o 25 % de cartos restantes.
"A Xunta o que vai facer é coordinar o fortalecemento da cadea de valor e coordinar a xestión e difusión do proxecto", afirma Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética da Xunta de Galicia.
O obxectivo do proxecto é desenvolver a tecnoloxía que permita xerar, almacenar, distribuír e aplicar o hidróxeno aos vehículos. Galicia, que xa é unha potencia nas fontes renovables de enerxía como a eólica e hidroeléctrica, quere ser tamén referente no uso do hidróxeno e contribuír así no paso dos combustibles fósiles aos renovables.
"O hidróxeno que é o eixo fundamental do programa é unha fonte de enerxía limpa e para iso ten que ser aplicada á mobilidade directamente", asegura Luis Moreno, director xeral de CTAG.
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten moito que dicir no eido da mobilidade sostible e o hidróxeno é un paso máis para conseguir que a mediados deste século os galegos vivan nun país climaticamente neutro.