Os transportistas temen a suba do diésel á que se comprometeu o Goberno con Bruxelas
Os transportistas temen a suba do diésel á que se comprometeu o Goberno con Bruxelas
Os transportistas, sobre todo os autónomos, serán os máis afectados pola suba do diésel
O Goberno central terá que aprobar a medida antes do 21 de marzo
O imposto ao diésel é un requisito de Bruxelas para que España reciba o quinto pago dos fondos europeos de case 25.000 millóns de euros. O Goberno central terá que facelo en pouco tempo, antes do 21 de marzo, cando vence o prazo da Comisión Europea para avaliar o repartimento dos fondos.
Queda exento da medida o diésel profesional, como os camións de gran tonelaxe, barcos e taxistas. Os máis prexudicados, condutores e sobre todo os transportistas autónomos, rexeitan a medida.
A medida tradúcese nun maior gasto en cada repostaxe, cun incremento de arredor de once céntimos por litro.
Agora o Goberno terá que conseguir os apoios necesarios no congreso para poder aprobar a medida.