Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os prezos dos carburantes encadean catro semanas de subas

Os prezos dos carburantes encadean catro semanas de subas

Na última semana o gasóleo encarece un 2,5 % e a gasolina, un 2,1 %

O prezo medio do diésel é 1,5 o litro, e o da gasolina, 1,65 céntimos 

 

G24.gal 05/08/2023 14:22 Última actualización 05/08/2023 14:57

Os prezos dos carburantes encadean xa catro semanas de subidas. Nesta última, o gasóleo encareceuse un 2,5 % e a gasolina un 2,1. Os prezos volven así aos niveis de abril.

"Parecía que estaban baixando, estabamos todos alegres e de súpeto volveron subir".

"O último mes subiu moitísimo, está subindo todas as semanas".

"No verán sempre soben, non sei por que pero sempre soben".

Desde xullo, co comezo do período vacacional, a gasolina é un 3,7 % máis cara. E o diésel encareceuse aínda máis, un 4,5 %.

“Vémolo un pouco caro, está a 1,67 e o normal é que estea a 1,45 ou por aí".

“Cada día que vexo o prezo da gasolina vai cara arriba".

"A gasolina estaba máis barata có gasóleo, pero ao final púxose arredor de 20 céntimos máis cara”.

O prezo medio do diésel é un euro con cincuenta céntimos o litro, e o da gasolina un euro con sesenta e cinco céntimos. A pesar destas subas, os carburantes están lonxe do máximo histórico que alcanzaron a comezos do verán pasado, cando superaban os dous euros por litro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar