Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas quere eliminar as caldeiras de combustibles fósiles en 2040

Bruxelas quere eliminar as caldeiras de combustibles fósiles en 2040

A Unión Europea deixará de subvencionalas en 2025

G24.gal 11/12/2023 17:38

A Unión Europea xa ten sobre a mesa medidas concretas para reducir as emisións. O obxectivo é que desaparezan en 2040. 

Considérase que as vivendas son responsables do 36 por cento das emisións de CO2 en toda Europa. Reducir esta contaminación é o obxectivo da nova directiva de eficiencia enerxética de edificios que acaba de pactar a Unión Europea.

Entre as medidas está a progresiva eliminación dos sistemas de calefacción que usan combustibles fósiles, o gas ou gasóleo. Establecen o 2040 para a súa desaparición.

As novas edificacións, segundo esta normativa, que aínda debe ser ratificada polo Parlamento e a Comisión Europea, deben ser de cero emisións a partir de 2030. Unha medida que se esixirá a todos os edificios en 2050.

Cada goberno deberá fixar as medidas concretas para avanzar cara á descarbonización dos sistemas de calefacción, aínda que a normativa xa establece a eliminación de subvencións a partir de 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade