O sector do transporte pide un aumento da bonificación do combustible
O sector do transporte pide un aumento da bonificación do combustible
Os carburantes supoñen o 30 % dos custos dos transportistas
Reclaman volver ás axudas de 20 céntimos por litro
O gasóleo supón o 30 % dos custos de produción das empresas e persoal autónomo do transporte por estrada. A última referencia sinala que o litro está 18 céntimos máis caro que hai dous meses.
A Confederación de Transporte de Mercadorías pídelle ao Goberno que recupere a bonificación de 20 céntimos por litro para evitar que as empresas teñan que interromper ou mesmo cesar a súa actividade.
Ademais da suba dos combustibles, o sector tamén soporta a suba do prezo dos seguros, das rodas ou das reparacións. Tamén din que se detecta unha caída na demanda dos seus servizos e que cada vez é máis difícil conseguir cargas de retorno para as rutas de regreso ás bases.
A día de hoxe, teñen unha bonificación de dez céntimos por litro pero dende outubro e ata final de ano pasará a ser de cinco céntimos; algo que queren modificar á alza.