Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pecha Conxemar e comeza Conxetapas

Pecha Conxemar e comeza Conxetapas

Rematou a edición número 25 de Conxemar, pero o regusto desta feira internacional, que aglutinou 27 mil visitantes, pódese saborear estes días na zona vella de Vigo

Estamos a falar de Conxetapas, un concurso que pretende chegar a través da cociña ao consumidor final con exquisitos pratos onde o peixe conxelado é o protagonista

G24.gal 04/10/2024 20:56 Última actualización 04/10/2024 21:13

Esta tapa é Pan Bao de polbo á brasa. Na súa elaboración atopamos unha base de parmenteir de vitelotte e unha ensalada wakame para acompañar o seu produto estrela, o polbo a brasa.

Unha fusión de texturas e sabores cunha coidada elaboración que degustan e posteriormente puntúan os clientes destes establecementos. 

Así é esta primeira edición de Conxetapas na que participan uns 20 establecementos da zona vella de Vigo. O mellor escaparate para coñecer as múltiples elaboracións do peixe conxelado. Esta por exemplo chámase calos de mar.

As tapas máis votadas terán premio, pero o máis importante deste concurso non son os votos. Eloy García, presidente de Conxemar.

Queremos chegar a ese consumidor final, ensinarlle o noso produto e que coñezan as múltiples elaboracións que se poden facer co peixe, rico e saudable. 

Unha dieta saudable segundo a OMS debería contar tres inxestións de peixe á semana. En España este consumo está moi por debaixo sobre todo entre os mozos. Os motivos, o prezo e a súa elaboración. Un produto, cunha multitude de especies, que poderemos atopar os 365 días do ano.

Ata o 20 de outubro poden desfrutar dunhas vinte elaboracións diferentes e saudables a cinco euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos