Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Canido reclámanlle ao Concello de Vigo que investigue os ataques ás árbores do paseo

Veciños de Canido reclámanlle ao Concello de Vigo que investigue os ataques ás árbores do paseo

Denuncian que algunhas das árbores do paseo marítimo apareceron con buratos sospeitosos no seus troncos e que alguén parece querer matalas

G24.gal 16/12/2024 15:32

Continúa a indignacion entre os veciños de Canido, en Vigo, ante o que denominan o crime dos plátanos. Denuncian que algunhas das árbores do paseo marítimo apareceron con buratos sospeitosos nos seus troncos e que alguén parece querer matalas.

Nas últimas horas, as árbores apareceron con coroas de flores e mensaxes de despedida a modo de último adeus. É unha nova chamada de atención dos veciños de Canido para denunciar o que consideran o intento de asasinato dos grandes plátanos que presiden o seu paseo marítimo.

Os veciños da zona que solicitaron no Concello a apertura dunha investigación sobre o que cualifican de ataque impune.  Non se opoñen á poda destas árbores e consideran que provocar a súa morte progresiva só responde a un obxectivo, conseguir que os corten. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos