Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luz verde á fábrica de chips fotónicos en Vigo

Luz verde á fábrica de chips fotónicos en Vigo

Ocupará unha nave de 4.000 metros no Parque Tecnolóxico e suporá un investimento de 3,6 millóns de euros

G24.gal 30/12/2024 16:32 Última actualización 30/12/2024 17:12

O Concello de Vigo dá luz verde á licenza de construción da nave que albergará a futura fábrica de chips fotónicos.

A licenza para a súa implantación hase aprobar na Xerencia de Urbanismo do próximo 7 de xaneiro.

Segundo explicou este luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a nave contará cunha superficie duns 4.000 metros cadrados no Parque Tecnolóxico e suporá un investimento de 3,6 millóns de euros.

Caballero apuntou que o Goberno de España xa outorgou 5 millóns de euros á Universidade de Vigo para dedicar ás investigacións no desenvolvemento dos chips e para a formación dos enxeñeiros e enxeñeiras que traballarán na planta viguesa.

A fabricación dos chips fotónicos é esencial en ámbitos como o da telefonía, a automoción, a industria de videoxogos, as comunicacións ou a electrónica.

Estímase que esta planta favorecerá a creación doutras empresas asociadas e de numerosas compañías centradas na tecnoloxía e a investigación.


O proxecto SPARC é froito da colaboración da Zona Franca co Concello e a Universidade de Vigo e con centros de investigación e outras empresas tecnolóxicas.

O xigante tecnolóxico INDRA participa no proxecto cun 20% da sociedade.

Estímase que a planta estará lista para empezar a producir no ano 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade