Os combustibles poderían experimentar unha suba do prezo debido á inestabilidade en Oriente Próximo
Os combustibles poderían experimentar unha suba do prezo debido á inestabilidade en Oriente Próximo
Desde o sector din que polo momento o exceso de produción contén os prezos
A curto prazo os expertos temen unha suba da gasolina e do diésel
O comezo da guerra de Ucraína marcou un antes e un despois nos prezos dos combustibles que acadaron cifras históricas. A escalada do conflito bélico entre Israel e Irán volve desatar as alarmas sobre unha posible suba.
Os efectos do conflito no mercado enerxético non se fan agardar e esta semana o barril de petróleo Brent subía un 4 por cento. Nas gasolineiras moitos aproveitan para encher o depósito antes de que aumenten os prezos.
Os expertos advirten dunha suba da gasolina e do diésel a curto prazo. Desde o sector afirman que o exceso de produción a nivel mundial estabiliza os prezos.
Unha suba do petróleo de entre un 5 e un dez por cento suporía un aumento do combustible de aproximadamente 0,10 euros por litro.
Irán é o sétimo produtor mundial de cru e témese que o conflito poida afectar aos fluxos comerciais se se atacan instalacións enerxéticas ou se bloquean as rutas de subministración.