Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ataques israelís tras a fin do ramadán deixan 40 persoas mortas en Gaza

Os ataques israelís tras a fin do ramadán deixan 40 persoas mortas en Gaza

Dende que Israel retomou a súa ofensiva o 18 de marzo, logo de romper o alto o fogo con Hamas, faleceron mil persoas na Franxa

Unha muller palestina nun ceminterio en Jabalia. REUTERS/Mahmoud Issa Unha muller palestina nun ceminterio en Jabalia. REUTERS/Mahmoud Issa
G24.gal 30/03/2025 18:12 Última actualización 30/03/2025 19:53

No primeiro día da festa musulmán do Aid al Fitr, que marca a fin do mes sacro do ramadán, morreron polo menos 40 persoas en ataques israelís contra a Franxa de Gaza.

Segundo diversas fontes gazatís, faleceron en distintos puntos do enclave, que acumula xa case 1.000 falecidos desde que Israel retomou a súa ofensiva o 18 de marzo tras romper o cesamento do fogo acordado con Hamas.

Nesta xornada de ruptura do xaxún, as familias adoitan ir rezar e logo xúntanse para xantar pratos especiais desta data. 

Ataques en varios puntos

Tres persoas morreron nun ataque a unha casa da localidade de Shuka e noutro ataque con dron no campamento de Jan Yunis, ambas as dúas no sur de Gaza,

Ademais, outras 20 persoas faleceron en incursións rexistradas de madrugada noutros puntos, catro delas estaban nunha tenda con familias desprazadas na zona de Qizan Abu Rishwan e dúas máis nun ataque aéreo en Jabalía.

Balance de vítimas

De acordo cos últimos datos oficiais do Ministerio de Sanidade gazatí, ofrecidos este sábado, desde o inicio da ofensiva israelí do 7 de outubro de 2023 contra o xa moi devastado enclave, morreron 50.277 persoas, a maioría mulleres e menores, e outras 114.095 quedaron feridas.

Ademais, milleiros de persoas seguen desaparecidas, moitas delas baixo os entullos causados polo lume israelí sen poder ser rescatadas polos equipos de Defensa Civil porque Israel non o permite.

Piden investigar a morte de oito sanitarios da Lúa Vermella

A Media Lúa Vermella Palestina pide que se investigue sen dilación a morte de oito dos seus técnicos de emerxencias tras ser atacados o pasado domingo polo Exército israelí cando se dirixían a atender persoas feridas en Rafah, nun incidente que cualificaron de "crime de guerra".

"A Asociación esixe que os autores deste crime de guerra rendan contas, que se realice unha investigación inmediata e urxente para garantir xustiza para as vítimas deste masacre e que se revele o destino do paramédico desaparecido, Asaad al Nasasra, cuxo paradoiro segue sendo descoñecido", dixo o grupo nun comunicado.

Despois de visitar o barrio asediado de Tal el Sultan (Rafah) xunto a persoal da Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA), este domingo localizaron baixo terra 14 corpos sen vida: os de 8 paramédicos, cinco rescatistas da Defensa Civil e un traballador da ONU.

O Exército hebreo confirmou hai días que disparara contra "vehículos sospeitosos", entre eles ambulancias e un camión de bombeiros, o pasado 23 de marzo nesta zona.

Ademais, alegou que neles había milicianos de Hamas e da Xihad islámica que foron "eliminados", sen achegar probas de tales afirmacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade