Publicador de contidos

Publicador de contidos

ERC suspende de militancia o seu presidente en Valencia, pendente de xuízo por acoso sexual

ERC suspende de militancia o seu presidente en Valencia, pendente de xuízo por acoso sexual

A decisión xustifícase ante "a nova información recibida" de que o caso por presunto acoso sexual de Barberá á exsecretaria xeral de ERPV "está nun proceso penal"

Nomeou unha xestora que dirixirá a federación valenciana ata que esta celebre un novo congreso

"Foi un golpe de estado por parte de Oriol Junqueras", di a secretaria xeral de ERPV

Josep Barberá, presidente de ERPV Josep Barberá, presidente de ERPV
G24.gal 01/04/2025 10:26

A executiva de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) suspendeu de militancia o presidente de Esquerra Republicana do País Valencià (ERPV), Josep Barberà, e nomeou unha xestora que dirixirá a federación valenciana ata que esta celebre un novo congreso.

A decisión xustifícase ante "a nova información recibida" de que o caso por presunto acoso sexual de Barberá a unha exsecretaria xeral de ERPV "está nun proceso penal", ante o que o responsable de Cumprimento de ERC reabriu a investigación e recomendou á Executiva a suspensión de militancia.

Segundo fontes de ERC, a Executiva decidiu apartar de todos os cargos a Barberà e "tomar medidas ante a nova situación para conducir ERPV a un congreso onde a militancia decidirá a nova dirección da federación", mentres que o expediente "quedará conxelado" ata a resolución xudicial da cuestión.

Desde ERPV, a secretaria xeral en funcións, Reis Juan, denunciou este martes a "imposición" por parte de ERC dunha xestora, pois explicou que o regulamento do partido prevé que se se abre xuízo oral a persoa afectada será apartada preventivamente de militancia, pero este caso está "en fase preliminar" e non hai xuízo oral previsto aínda.

"Foi un golpe de Estado por parte de Oriol Junqueras, non se xustifica de ningunha das maneiras", asegurou a EFE Juan, quen indicou que ese proceso xudicial foi "o pretexto para impoñer a catro persoas de Cataluña" que non coñecen a realidade valenciana nunha xestora.

Explicou que ERPV celebrou o pasado outubro un congreso onde a militancia elixiu, "a pesar das manobras de Junqueras", a candidatura que encabezaba Barberà, e considerou que con esta decisión de ERC trátase a militancia "coma se fose estúpida, coma se non soubese votar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade