Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gastronomía e música para unha fin de semana chea de celebracións de outono

Gastronomía e música para unha fin de semana chea de celebracións de outono

Da Semana da Tortilla de Betanzos á Festa do Marisco do Grove, Galicia vive estes días ducias de festas máis alá do San Froilán 

G24.gal 04/10/2024 21:02 Última actualización 04/10/2024 21:14

Non só do San Froilán vive o outono galego nin esta fin de semana, que ofrece cantidade de festas, con moito protagonismo da gastronomía. 

O Grove. Vieiras, zamburiñas, mexillóns, ostras, nécoras ou camaróns para os milleiros longos de visitantes que como cada ano se agardan. A Festa do Marisco, un dos eventos gastronómicos máis importantes de España, declarado de Interese Turístico Nacional, xa apunta á consideración de internacional.

Outro clásico para estes días, a Semana da Tortilla. Un evento para promocionar e homenaxear o prato estrela de Betanzos. Os locais volven competir por facer a mellor tortilla.

E coincidindo coa recollida de fabas, Paiosaco celebra a Festa da Fabada e Lourenzá a Festa da Faba, outra sinalada celebración gastronómica do outono.

Tamén esta fin de semana, Festa da Mazá en Redondela, Festa da Mazá e da Sidra en Marín e Festa da Sidra en Bembrive. 

E anotamos a Romaría de San Breixo, en Barro. que é das máis antigas que se coñecen en Galicia. Din que hai datos de que xa se celebraba alá polo ano 700. 

Tradición e variedade para escoller nunha fin de semana de outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar