Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os expertos prevén cambios nos prezos dos combustibles

Os expertos prevén cambios nos prezos dos combustibles

O aumento da capacidade de refinación contribuirá a baixar os prezos

A baixada da demanda será outro factor que abaratará a gasolina e o diésel 

G24.gal 04/07/2023 14:32

Os proxectos paralizados nas refinerías durante a pandemia xa están de novo en construción en países coma Kuwait, Nixeria, México e A China, polo que os expertos prevén un incremento na produción de refino en 1, 5 millóns de barrís este ano e máis de dous o ano que vén.  

A tendencia á baixa da demanda dos carburantes é outro dos factores que contribuirá á redución dos prezos do cru. Mentres agardamos a que se cumpran as previsións dos expertos, encher o déposito segue a ser caro para os condutores en España. 

A gasolina e o gasóleo custan menos que hai un ano, pero o certo é que despois de cinco semanas consecutivas subindo, o respiro que comezou hai  uns meses nótase cada vez menos. 

A gasolina segue encarecendo, no que vai de ano subiu algo máis do dous por cento, mentres que o gasoléo custa un doce por cento menos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade