Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal rescata un barco con 200 toneladas de fuel e evita un desastre ambiental

Portugal rescata un barco con 200 toneladas de fuel e evita un desastre ambiental

Quedara á valga co combustible e 13 toneladas de fertilizantes

O petroleiro rescatado. Foto/Mariña portuguesa O petroleiro rescatado. Foto/Mariña portuguesa
G24.gal 24/02/2024 22:05 Última actualización 24/02/2024 22:33

A Mariña portuguesa evitou este sábado un desastre ecolóxico ao rescatar nas súas augas un barco, o MBC Daisy, que quedara á valga con 13 toneladas de fertilizantes e 200 de combustibles e aceites.

A Armada portuguesa explicou nun comunicado que entre as 20:30 horas do venres e as 4:00 do sábado levou a cabo "unha operación de salvagarda da seguridade na navegación e de protección do medio mariño". 

O mercante estaba á deriva a unhas 12 millas náuticas, ao suroeste do cabo Espichel, ao sur de Lisboa. Solicitara socorro tras sufrir unha avaría no sistema propulsor e, sen poder fondear de emerxencia, afastouse 85 metros do amarre.

O MBC Daisy foi rescatado en condicións de mar bastante adversas polo barco remolcador da Mariña lusa Castelo de São Jorge.

Vertedura do Toconao

Este incidente prodúcese despois da vertedura do buque Toconao, con bandeira de Liberia, en augas próximas a Viana do Castelo, onde o 8 de decembro perdeu seis contedores con 26,3 toneladas de bolas de plástico que remataron nas praias de Galicia e do norte de España.

Un momento da operación. Foto/Mariña portuguesa Un momento da operación. Foto/Mariña portuguesa
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade