Galicia estrea a primeira estación de servizo con combustible cen por cento renovable
Galicia estrea a primeira estación de servizo con combustible cen por cento renovable
O combustible prodúcese a partir de aceite de cociña usado
A simple vista pode parecer unha estación de servizo máis, pero o gasóleo que sae dese surtidor é especial.
"É un diésel cen por cento renovable que a diferenza do que temos hoxe é a súa orixe, materias primas renovables, residuos de todo tipo sobre todo aceites usados de cociña", comenta a responsable de produtos enerxéticos de Repsol.
Na actualidade este carburante xa se vende en 25 estacións de servizo de España e Portugal. E dende agora tamén en Galicia. Iso si, polo momento, o seu prezo é superior aos combustibles tradicionais, aínda que isto tamén ten unha vantaxe segundo Xosé Barreiro, director executivo de Mobilidade de Repsol "pódese pagar máis, pero non é necesario cambiar o vehículo. Nin o cliente particular, nin os grandes".
Refírese a grandes frotas de empresas de transporte que xa levan varios meses recargando deste combustible e poden valorar. Din que o comportamento é igual. A curto prazo esperan poder comercializar tamén unha alternativa para os coches de gasolina.